Non teñen que imprimir o material. Os textos poden lelos directamente no blog e as tarefas facelas nunha LIBRETA OU NUN FOLEO
Primeiro facede unha lectura rápdia; despois, volve lelo amodiño, fixándote ben en todos os detalles para poder responder as preguntas sen miralo.
Primeiro facede unha lectura rápdia; despois, volve lelo amodiño, fixándote ben en todos os detalles para poder responder as preguntas sen miralo.
O oficio dos oleiros consiste en facer con barro olas, xerras, cuncas, pratos, tarteiras, pucheiros…
Outro oficio é o dos cesteiros. A arte da cestería é anterior á cultura dos castros. Os cestos fanse tanto na vila como no medio rural, e a materia prima é a madeira de castiñeiro, colmo (palla de centeo) e tamén vimbio.
As palilleiras confeccionan elaborados encaixes entrelazando, cuns palillos, fíos moi finos que se suxeitan con alfinetes sobre unha almofada. É un oficio tradicional moi antigo que perdura na actualidade e convive coa confección a máquina. A sona do encaixe de Camariñas (na Costa da Morte) traspasa as nosas fronteiras e mesmo se exhibe nas pasarelas de moda máis afamadas.
Non se poden esquecer os zoqueiros, aqueles que facían zocos e zocas, calzado habitual entres as xentes dun país húmido e aberto ás chuvias e que percorrían todos os camiños de Galicia.
![Resultado de imagen de imagen afilador de cuchillos por los pueblos](https://todocarne.es/wp-content/uploads/imagen-de-afilador.jpg)
E o oficio ambulante por excelencia é o de afiador, o cal é moi característico de Ourense. Os afiadores ían polo mundo, polos lugares máis afastados da súa aldea, ofrecendo os seus servizos. Crearon unha linguaxe peculiar e propia, e levaban un asubío xeralmente feito de madeira de buxo que facían soar co seu coñecido pregón: «Afiador e paraugueiro!».
Responde as preguntas
1. Cal destes títulos che parece máis adecuado para o texto?
_ Oficios do futuro _Os oficios tradicionais _O futuro da tecnoloxía _Tempos modernos
2. Relaciona o material utilizado en cada caso co seu oficio:
vimbio madeira barro pedra de afiar
3. Cal deses oficios era ambulante? Onde estaban os mellores?
4. En que vila galega se palilla o encaixe máis famoso? Cres que o oficio de palilleira corre o risco de desaparecer? Por que?
5. Busca zoco e zoca no dicionario e explica cal é a diferenza entre ambos termos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario