O Gran Prix de Carrilanas de Esteiro volve congregar milleiros de persoas
Un ano máis a localidade de Esteiro, en Muros, volveu congregar milleiros de persoas que se achegaron a este municipio coruñés para presenciar o Gran Prix de Carrilanas, festa declarada de interese turístico galego.
Nesta imaxinativa proba participaron un total de 77 carrilanas, uns peculiares vehículos consistentes en plataformas de madeira montadas sobre caixas de bólas a modo de rodas.
Un ano máis cada equipo puxo a proba a súa creatividade e dotes innovadores no aspecto mecánico para deseñar e construír as carrilanas, coas que competiron nas distintas categorías para alcanzar o premio.
Do total de vehículos participantes este ano, 20 tomaron parte na proba de carrilanas rápidas, 11 na carreira protagonizada polos nenos e o resto na proba de carrilanas lentas.
O circuíto do Maio, por onde circulan estes vehículos, ten unha lonxitude de tres quilómetros en pendente.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, este ano participaron carrilanas de diversa procedencia, moitas da comarca de Muros e outras das zonas de Santiago, Arousa e incluso de Ferrolterra.
O programa de actividades do vixésimo sexto Gran Premio Carrilanas, ademais das carreiras, completouno a exposición destes curiosos vehículos na Alameda de Esteiro e a tradicional verbena.
Copiamos as preguntas no caderno.
1. En que localidade ten lugar o Gran Prix de Carrilanas?
• En que concello se atopa esa localidade? Elixe:
❏ En Noia. ❏ En Santiago. ❏ En Muros. ❏ En Ferrol.
2. Con esta, cantas veces se ten celebrado a competición?
Marca a resposta correcta:
❏ 11 ❏ 77 ❏ Esta é a primeira. ❏ 6
3. Como é unha carrilana? Debúxaa tal como a imaxines.
Di cales destas características asociarías coas carrilanas:
❏ creatividade ❏ alta tecnoloxía ❏ fabricación caseira ❏ contaminación
4. Cantos quilómetros percorren os participantes?
5. Cales son as categorías en que se dividen as probas? Colorea a opción correctan (A-B ou C)
A B C
carrilanas rápidas carrilanas da comarca de Muros infantil
carrilanas para nenos carrilanas de fóra xuvenil
carrilanas lentas adultos
6. Gustaríache participar? Por qué?
No hay comentarios:
Publicar un comentario