Hoxe imos traballar co noso libro.
LINGUA 3
Traballamos palabras con r e con rr.
Xa vimos no primeiro trimestre algunhas palabras do son r forte. Hoxe imos recordalas e profundizar un pouco máis neste son.
Lembramos que usamos o r forte en tres casos:
-Ao pincipio de palabra: rede
-Despois de n, l, s: enredar
-Cando vai escrito rr entre vogais: carreira
Unha vez lido este cadro, imos continuar coa nosa rutina de traballo.
No caderno escribimos:
Palabras con r e con rr.
A continuación facemos un listado de palabras que leven o son r forte.
Despois clasificarémolas nun cadro:
Ao principio de palabra: ...........
Despois de n, l, s: ..........
Cando vai escrito rr entre vogais: ........
Xa para rematar imos escribir unhas liñas sobre a primavera. Que xa sabedes comezou o día 20 de marzo.
LINGUA 4º
Hoxe traballaremos as palabras con X. (Páxina 114)
Debes ler na páxina 114 o texto do exercicio 1. Le despacio, parándote e fixándote na pronunciación das palabras con X.
A continuación copia a SOPA DE LETRAS no caderno e atopa 8 palabrasa con X.
De seguido tes 4 adiviñas, copias e, si é posible, aprende algunha para lles contar aos teus compañeiros á volta. Debes facer o debuxo das solucións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario