Hoxe déixovos unha comprensión lectora e uns refráns para copiar na libreta de lingua; se podedes, aprendede algún.
1º Facemos unha primeira lectura silenciosa.
2º Leremos de novo o texto en voz alta, cunha boa entoación e respectando os puntos e as comas .
3º No caderno poñenos Máis Xogos e Menos Xoguetes.
4º Facemos os exercicios.
5º Copiamos os refráns.
NON ESQUEZADES POÑER A DATA
TERCEIRO - CUARTO
MÁIS
XOGOS E MENOS XOGUETES
Segundo
unha recente enquisa internacional, os nenos son grandes
consumidores. Elixen produtos e marcas tanto en alimentación como en
roupa ou en xoguetes. En tempo de crise económica, parécenos
oportuno reflexionar sobre este consumismo.
Os
nosos fillos teñen moitos, moitos xoguetes. Seguramente demasiados.
Cada ano, os Reis, Papá Noel e a xenerosidade de toda a familia fan
que se nos acumulen trastes, caixas, bonecos, construcións… Logo
están os caprichiños: os nenos obteñen un xoguete novo case cada
semana: nas tendas de todo a un euro, nas promocións dos
restaurantes, etc. Eles acumulan e acumulan. Sorpréndense ante a
novidade, pero ao pouco tempo quedan aburridos dela e xa están
desexando outra cousa máis. Parece que se volveron insaciables. É
unha consecuencia da publicidade.
Pero,
en realidade, eles botan de menos xogar en familia. Prefiren xogar
cunha persoa antes que facelo sós cun xoguete marabilloso. Os nenos,
ás veces, están moi sós entre tantos xoguetes. Algúns son capaces
de xogar sós durante horas, tecendo aventuras coa súa imaxinación.
Pero a maioría necesita unha persoa, un verdadeiro «xoguete
interactivo»: seu pai, súa avóa, súa tata, seu irmanciño maior…
E diso non se aburren.
1º Segundo o texto, como obteñen os rapaces a maioría dos xoguetes? Subliñamos as respostas correctas:
a) Comprándoos cos seus aforros.
b) Son regalos da familia.
c) Recíbenos como premio dos profesores polas súas boas notas.
d) Regálanllos nas festas de Nadal.
e) Conséguenos en forma de caprichiño semanal.
2º Quen provoca que axiña se aburran do que teñen e queiran algo máis? Marcamos cun X a resposta correcta:
❏ o egoísmo ❏ a necesidade ❏ a publicidade ❏ os pais
3º Relacionamos as seguintes palabras coa súa definición:
crise - insaciable - enquisa - traste - interactivo - consumismo
a) Conxunto de preguntas que se fan sobre un tema_________
b) Gasto excesivo para adquirir cousas___________
c) Que permite a relación entre dúas ou máis persoas_______
d) Situación económica de escaseza____________
e) Calquera obxecto vello ou que xa resulta inútil__________
f) Que non se farta nunca__________
b) Gasto excesivo para adquirir cousas___________
c) Que permite a relación entre dúas ou máis persoas_______
d) Situación económica de escaseza____________
e) Calquera obxecto vello ou que xa resulta inútil__________
f) Que non se farta nunca__________
4º Subliñamos no texto seis substantivos comúns. Logo escribimos os nomes na libreta e poñémoslle un adxectivo que lle caia ben.
Lembramos: Os adxectivos son as palabras que nos din como están ou como son as persoas, os animais, as cousas e as ideas.
Exemplo: Brillante idea
adxectivo substantivo
5º Escribimos un pequeno resumo do texto.
Lembramos que non se trata de copiar oracións do texto, senón pensar na idea ou ideas máis importantes e escribilas coas nosas palabras.
REFRÁNS
EN ABRIL, NIN CON SOL NIN CON CANDIL
ENTRE LUSCO E FUSCO NON ATOPO O QUE BUSCO
OUTONO A CHEGAR, PORCO A CEBAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario