Que tal estades? espero que ben. Hoxe temos una tarefa por diante un pouco especial. Covertirémonos en grandes autores e ilustradores, imos inventar un conto moi especial. A continuación, temos os pasos a seguir:
1º Preguntamos a nosa familia un persoaxe de conto (cincenta, carrapuchina, ananos, pinocho,...) e algúns espacios onde se desenvolven eses contos (castelos, casa de palla, bosque,...). Preguntamos a irmáns, avós, mamás, curmáns, avoas...
2º Agora nun papel ou na nosa libreta empezamos a escribir o noso conto. Podemos engadir persoaxes fantásticos, inventados por nós. Mezclando os persoaxes de contos teremos un conto moi especial, ningún será igual.
3º Unha vez escrito o conto collemos varios folios e xa empezamos escribir o noso libro.
4º Doblamos os folios pola metade, lembrade que a primeira páxina é a portada (aquí escribiremos o título, o voso nome xa que sodes os autores e ilustradores, podedes facer algún debuxo. O máis importante é que sexa moi bonita, para que moita xente se anime a ler o voso conto). Abrimos o libro e comezamos a pasar a limpo o conto que fixemos antes. Non ten porque ser todo seguido, xa sabedes que pode haber páxinas con debuxos.
Moito ánimo, a ver que ben o facedes.
Á VOLTA TEREMOS 7 LIBROS NOVOS, MOI MOI DIVERTIDOS NA NOSA BIBLIOTECA
No hay comentarios:
Publicar un comentario