REFRÁNS
Primeiro lemos varias veces os refráns.
A continuación, copiámolos no caderno de lingua.
Finalmente, intentamos aprender un.
AO FEITO, PEITO.
COMER E BEBER TODOS O SABEN FACER.
AUGA E PAN, SOPAS NA BARRIGA FAN.
AUGA POR MAIO, PAN TODO O ANO.
ADIVIÑAS
Primeiro lemos as adiviñas. A continuación, copiámolas no caderno de lingua.
Finalmente, facemos un debuxo das solucións.
Un bicho pequeno
voa entre as flores
e ten as ás
de moitas cores!
------------*------------
Véxoo no circo
no zoo tamén.
Ten o nariz máis grande
que no mundo poida haber!
------------*------------
Son verde, gústame saltar,
xogar nas pozas,
e tamén croar.
Quen son?
----------*---------
Unha señorita, moi aseñorada
leva sombreiro verde
e blusa colorada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario