Bo día rapaces.
Xa estamos a punto de reencontrarnos de novo e voltar á normalidade. Déixovos o traballo que imos facer hoxe na clase. Unha aperta.
LINGUA
Traballamos o vocabulario dos sentimentos. Se tedes un dicionario de lingua na casa debemos telo a man, para buscar aquel vocabulario que descoñecemos.
Tamén podedes facelo no dicionario da real academia galega online.
Facemos os exercicios do 1 ao 4.
MATEMÁTICAS
Resolución de problemas
1. Resolvemos o problema 6 e 7.
Copiamos os enunciados e tomamos os datos para poder resolvelos.
2. Calcula as seguintes multiplicacións.
a) 368 x 23 b) 494 x 37 c) 630 x 45 d) 739 x 49
NATURAIS
*Lemos de novo as fichas do mércores. Hai que facer dúas lecturas, unha en silencio e outra en voz alta.
*Se non terminamos os debuxos do corte dunha raíz , dun talo e unha folla acabámolos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario