miércoles, 13 de mayo de 2020

LINGUA GALEGA 3º-4º MÉRCORES 13/05/2020

Ola, que tal estades hoxe? Espero que con moito ánimo. Hoxe traballaremos na área de lingua galega.

TERCEIRO

Palabras con g






1. Lemos e escribimos as seguintes palabras no caderno:
golpe             aguia              pingüín
tartaruga      piragua          salgueiro

Copiamos o cadro no caderno
Escribimos g diante de a, o, u:
tartaruga, golpe, piragua.
 Escribimos gu diante de e, i: salgueiro, aguia.
Escribimos gü diante de e, i, cando queremos que soe o u: pingüín.

2. Copiamos as seguintes palabras e completamos con g ou gu:
a…ulla- re…eiro- ce…oña- re…alo-…inda - portu…és - an…ía - pínte…a  -  mantei…a  - pul…a -  des…usto -…orila

3. Completamos coa palabra adecuada a cada definción:  (Podemos usar o diccionario para comprobar que é correcta a palabra que pensamos para cada definición)
Pregos ou dobreces na pel producidos pola vellez:
Órgano que serve para mastigar e falar:
De aspecto agradable á vista; bonito:
Fase da Lúa, entre a Lúa chea e a Lúa nova:
Que ten moita lonxitude:
Dise do habitante de Portugal:

4. Escribimos diérese (¨) sobre o u cando sexa necesario:
lingueta - anguía – paraugueiro – aguacate
piragüista – mangueira -  unguento – pinguín

5. Lemos, copiamos o trabalinguas  e clasificamos as palabras con g:
Levo o pelo longo,
todo enguedellado,
e así enguedellado
gústame levalo.
Desenguedellar 
desenguedellarei, 
cun peite de xoguete
que guapo quedarei!
Palabras con g           Palabras con gu


CUARTO

O pronome persoal


Os pronomes persoais son palabras que substitúen os nomes de persoas ou de animais. As súas formas son as seguintes:
                   Nº   Singular          Plural
Persoa                 
1.ª                          eu                  nós
2.ª                          ti                    vós
3.ª                      el/ela             eles/elas

1. Facemos unha táboa cos pronomes persoais.

2. Copiamos o texto no caderno e localizamos os pronomes persoais:
Aínda que ti non me creas, dígoche que uns marcianos aterraron onte no xardín da miña casa. Meu irmán asustouse moito, pero eu baixei a saudalos. Eles estrañáronse un pouco ao principio, pero axiña colleron confianza e puxéronse a falar. Non lles entendín nada, porque non falan coma nós. Iso si: son ben simpáticos.

3. Indicamos a persoa e o número dos pronomes  do exercicio anterior:
Por exemplo: ti ➝ 2.ª persoa, singular.

4. Fíxate nas palabras subliñadas. Pódense substituír por pronomes persoais:
Mamá e mais eu vemos a tele. ➝ Nós vemos a tele.
Uns astronautas viaxan a Marte. ➝ Eles viaxan a Marte.

Agora, facemos o mesmo coas seguintes oracións. Cambiamos o subliñado por un pronome.
– Laura perdeu o autobús→
– O veciño de arriba ten un telescopio no balcón→
– A meniña chegou moi cansa de tanto andar→
– Meu avó e mais eu saímos cada tarde a dar un paseo→
– Mónica e Helena viven en Ourense→
– Alberte e ti tedes os mesmos gustos→

5.  Copiamos e completamos o poema cos  seguintes pronomes:
nos    lle       te     me    o       lle
Á lúa non ... gustaba
o sol orgulloso e altivo.
E como non ... aturaba,
 un día, anoxada, ... dixo:
—Escóita... ben,
rei das candeas.
Ti por que presumes
 de ouro e grandeza?
O sol e as estrelas,
a lúa, os planetas,
todos somos astros
 da mesma beleza.
Non ... amoles
con esa fachenda!
Sé máis modesto,
comparte o teu brillo;
achéga... a nós
e has ter amigos. 


martes, 12 de mayo de 2020

REFRÁNS 12/05/2020

Copiamos no caderno de lingua os refráns e aprendemos un deles.


EN MAIO INDA A VELLA 
QUEIMA O TALLO.

MAIO CHUVIOSO,
VERÁN CALUROSO.

O QUE NON REMENDA,
NON SAE DA TENDA.

NUNCA CHOVEU 
QUE NON ESCAMPASE.



¡ QUE  TEÑADES  UN  BÓ  DÍA!

MATEMÁTICAS 3º - 4º 12/05/2020

Hola chicos, ¿cómo estáis? espero que todos bien. Para el día de hoy os dejo trabajo de matemáticas y unos refranes de gallego.

TERCERO

Realizamos los ejercicios en el cuaderno de matemáticas.
No olvidéis  poner la fecha.


1. Escribimos los números que están formados por:
a) Nueve centenas y seis unidades:
b) Dos millares y ocho unidades:
c) Cinco decenas de millar, tres centenas y dos unidades:
d) Ochenta unidades de millar, dos centenas y seis unidades:


2. Escribimos con letras o con cifras estos números:
a) 367  →  
b) 4 900  →  
c) Tres mil doscientos cincuenta  → 
 d) Nueve mil tres  →

3. Representamos en ábacos estos números:
34 578 - 29 901 - 68 495


DM
UM
c
d
u

4. ¿Cuántas centenas hay en estos números?:
a) En el número 6 175 hay 61 centenas.
b) En el número 1 345
c) En el número 72 727

5. Escribimos con letra los siguientes números ordinales:
19.º                                 
23.º                                 
29.º
6.º
15.º

7. Completamos las series.
a) 210 - 240 - 270 -  -  -  -  - 420
b) 810 - 765 - 720 -  -  -  - 540

8. Carlos tenía 310 canicas. Regaló 97 a Juan y 68 a Fernando. ¿Cuántas canicas le quedan?
DATOS – OPERACIÓN – SOLUCIÓN


CUARTO

1. Escribe.
a) El número menor de seis cifras todas iguales →
b) El número mayor de siete cifras que termina en cinco →
c) El número mayor y el número menor de ocho cifras que termina en dos.
Número mayor →      Número menor →

2. Aproxima cada número a las decenas de millar.
126 340 →
776 004 →
871 000 →
328 105 →

3. Escribe con números romanos los siguientes números:
a) Ocho mil →
b) Nueve mil setecientos →
c) Doce mil veinticuatro →
d) Quince mil cuarenta →

4. Realiza estas operaciones combinadas:
a) 12 500 + (2 570 – 1 420) =
b) 28 700 – (13 200 + 4 260) =

5. Al padre de Juan le faltan 3 945 euros para poder comprar una plaza de garaje que cuesta 11 201 euros. ¿Cuánto dinero tiene?

6. Para pagar las zapatillas y dos camisetas, entregué cuatro billetes de 50 euros ¿Cuánto me devolvieron?
Precio camiseta: 49 euros
Precio zapatillas: 62 euros


7. Para pagar las zapatillas y dos camisetas, entregué cuatro billetes de 50 �. ¿Cuánto me devolvieron?
DATOS – OPERACIÓN - SOLUCIÓN

8. En una huevería había 1 240 huevos. Si se han vendido 1 204, ¿cuántos huevos quedan?
DATOS – OPERACIÓN - SOLUCIÓN