Ola rapaces:
Hoxe traballaremos na libreta de lingua. Veremos vocabulario, algún xa coñecido e outro novo; ou que nos soa, aínda que non sabemos moi ben o seu significado.
Empregaremos o dicionario
(senón tedes dicionario de lingua na casa, podedes buscar as palabras
no dicionario en liña da Real Academia Galega). É moi sinxelo:
1º Poñemos en Google: dicionario real academia galega
2º Pinchamos no primeiro enlace que aparece: Dicionario RAG
3ºEscribimos o termo que buscamos, e dámoslle á lupa🔎4º Lembrade que poden aparecer varias acepcións e entradas. Escollede a definición adecuada.
TERCEIRO
OS ANIMAIS
Hoxe traballaremos vocabulario sobre os animais. Principalmente vocabulario relacionado cos animais de granxa.
EXERCICIOS
1. Relaciona os seguintes animais:
MACHO FEMIA
cabalo ovella
boi porca
can vaca
carneiro egua
porco cabra
galo galiña
coello cadela
castrón coella
2. Dos animais do exercicio anterior, di cal é o que:
brúa ... a vaca
rincha...
bea...
ladra...
cacarexa...
3. Agora repara nos seguintes animais:
gato - ra - burro - lobo
Quen é o que?
ornea...
croa...
ouvea...
miaña
4. Busca no exercicio 1 as nais destas crías e xúntaas.
año..............
poldro.........
cabuxo........
bacoriño.....
pito.............
becerro.......
canciño.......
cazapo........
5. Indica que animal vive en cada casa, axúdate do dicionario.
formigueiro -
colmea -
cortello -
galiñeiro -
toupeira -
niño -
corte -
canceira -
CUARTO
O PARQUE
Xa que estamos na primavera, imos traballar vocabulario referido ao parque. O parque é unha zona de xogo á que nos encanta ir cando vai bo tempo.
1. Fai unha oración con cada unha das seguintes palabras. Se o precisas, usa o dicionario.
labirinto - tobogán - fonte - areeiro
papeleira - quiosco - balancín - sinal
2. Busca no dicionario os seguintes xogos infantís e copia a súa definición.
mariola - bólas - pilla - a gachadas
Unha familia de palabras é o conxunto formado por unha palabra e todas as que se forman a partir dela (derivadas e compostas).
patinete - monopatín - patinaxe - patada
sinalización - contrasinal - final - sinalar
pedrada - pedrés - tirapedras - empedrado
xasmín - xardineiro - axardinar - xardinería
4. Clasifica estas palabras na familia que corresponda:
aluar - lucecú - todoterreo - deslucir - parasol
lueiro - enterrar - insolación - terraplén - lunar
luceiro - solar -terrícola - luada -solleiro lucimento
lúa terra sol luz__
Derivadas___┃____┃_____┃____┃____ ┃
Compostas__┃____┃_____┃____┃_____┃
No hay comentarios:
Publicar un comentario