jueves, 28 de mayo de 2020

COMPRENSIÓN LECTORA - LINGUA 3º 4º XOVES 28/05/2020

Ola,  como estades? ¿Que tal levades estes días calor? Xa sabedes que hai que protexerse ben. Saíde na bici, a xogar na rúa, a pasear,... pero sempre ben protexidos: con gorra, botade crema protectora, poñede lentes de sol,... Que pasedes un bonito día!😎😘

Déixovos dous textos moi breves de lingua  galega.
Lemos en silencio.
Lemos en voz alta.
Respondemos ás preguntas, sen mirar o texto.

TERCEIRO - CUARTO


INTERNET É ADITIVO

   A Marta encántalle pasar as horas diante do ordenador. Ve películas, debuxos, navega por Internet e fala cos seus amigos. Os seus pais din que debe pasar menos tempo co ordenador e saír máis á rúa, pero ela nunca fai caso e segue na súa habitación. Un día a conexión avariouse e Marta aburríase moito. Estaba tan desesperada sen saber que facer, que empezou a brincar pola súa casa mentres gritaba: ¡Necesito Internet! 

1.  Que lle gusta a Marta?

2. Onde está o ordenador?

3. Que din os seus pais?

4. Que fixo cando quedou sin Internet?

5. Que cousas divertidas poden facer os nenos sen Internet?

6. Fai un debuxo de Marta no seu tempo de lecer.


A FÉLIX ENCÁNTALLE BAILAR

    O meu irmán Félix pon a música tan alta na súa habitación que a niña nai sempre lle rifa. Por iso acaba apagándoa e poñendo os auriculares para escoitala sen molestar aos demais. Despois ponse a bailar, porque lle encanta.
1.    

1. Por que reñen a Félix?

2. Quen lle rifa?

3. Que fai cando lle reñen?

4. Por que non molesta aos demais cos auriculares?

5. Que lle gusta facer cando pon os auriculares?

6. A quen lle gusta bailar?

7. Gústache escoitar música?





No hay comentarios:

Publicar un comentario