Ola chicos, como estades? Espero que todos ben. Xa remata a semana, e como sabedes, o domingo 17 toca celebrar o día das nosas letras "LETRAS GALEGAS". Con motivo deste día, déixovos un conto para escoitar e algúns enlaces, tanto de documentos como de actividades en liña; as cales vos animo a facer, xa que son moi entretidas. Unha aperta moi forte!!!
TERCEIRO - CUARTO
1. Escoitamos o
conto.
2. Lemos o conto, para eso quitamos a voz do móvil, tablet
ou ordenador que estamos empregando.
3. Facemos un resumo na libreta
de lingua.
4. Debuxamos o momento
que nos pareceu máis divertido da historia.
Non esquezades poñer a data.
Déixovos
este enlace do seminario galán. Para
acceder aos seguintes enlaces, podedes facelo desde este diractamente, ou ir
pinchando en cada un deles (documentos, actividades en liña ou álbum de fotos) Neste enlace do seminario galán
temos ademáis información e xogos en liña de anos anteriores, podedes recordar
algo do visto pinchando na pestana LETRAS GALEGAS e seleccionar cada un o ano que
vos pareza.
Neste
segundo enlace temos documentos
organizados por cursos, nós teremos que pinchar no de 3º e 4º curso. Non fai
falta imprimir as actividades, ímolas facendo no caderno. LETRAS GALEGAS 2020
No
enlace que temos a continuación, podemos realizar actividades
en liña, tamén organizadas por cursos. Se tedes oportunidade
animádevos a facelas, hai puzzles, sopas de letras, ...LETRAS
GALEGAS 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario