O 17 de maio é unha data especial para todos os
galegos,celebramos o "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
Este ano
homenaxeamos á figura de Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras
Galegas de 2020.
Aínda que a data para a celebración do Día das Letras Galegas 2020 mudou ao
31 de outubro, déixovos algunhas actividades didácticas para traballar neste
día.
RICARDO CARVALHO CALERO
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o maior dos seis fillos que tiveron M.ª Dolores e Gabriel Ricardo, os seus pais.
RICARDO CARVALHO CALERO
Ricardo Carvalho Calero naceu en Ferrol (A Coruña), o 30 de outubro de 1910. Era o maior dos seis fillos que tiveron M.ª Dolores e Gabriel Ricardo, os seus pais.
Ricardo realizou os seus primeiros estudos
nunha escola da rúa Magdalena e noutra dirixida polo escritor Manuel Comellas,
as dúas de Ferrol. Fixo o bacharelato por libre e os estudos universitarios en
Compostela.
Foi membro do
Seminario de Estudos Galegos, onde coincidiu con Castelao, Otero Pedrayo,
Risco, Cuevillas...
Colaborou en moitas
revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios,
Papel de Color... e é autor de libros de investigación sobre a nosa literatura
e o noso idioma.
En 1965 incorporouse
ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e posteriormente á universidade
compostelá, da que foi o seu primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega.
Defendeu a postura de
que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa.
É autor de Gramática
elemental del gallego común e de obras de teatro, poesía e novela.
Ingresou na Real
Academia Galega (RAG) o 17 de maio de 1958 e o seu discurso tratou sobre
Rosalía de Castro.
Pola súa defensa do
idioma galego e da nosa cultura, a RAG dedícalle este ano o Día das Letras
Galegas.
Respondemos ás preguntas no caderno de lingua.
-En que ano naceu Ricardo Carvalho?
-Onde fixo os seus estudos universitarios?
-Nomea alguna das revistas galegas coas que colaborou.
-Con que outros autores galegos coincidiu no Seminario de Estudos galegos.
-En que ano ingreso una Real Academia Galega?
-En que cidade galega naceu? Sabes en cal das catro provincias galegas se atopa
esta cidade?
-Escribe o nome das provincias galegas.
-Escribe o nome das provincias galegas.
Se pinchades nas seguintes enlaces
temos algunhas actividades descargables "PRIMAVERA DAS LETRAS". Non é
preciso imprimilas, ide facendo aquelas actividades que vos parezan máis
atrativas ou divertidas.
1º Pinchamos no enlace.
2º Nas fichas temos lecturas e actividades, podedes facelas na libreta.
No enlace que temos a continuación, podemos realizar actividades en liña, tamén organizadas por cursos. Se tedes oportunidade animádevos a facelas, hai puzzles, sopas de letras, ...LETRAS GALEGAS 2020
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
No hay comentarios:
Publicar un comentario