TERCEIRO
1º Visualizamos os vídeos da función de relación (1º e 2º ) e o aparato locomotor (3º).
- Os vídeos 5º e 6º son complementarios, neles podedes ver algunha información ampliada de ósos e músculos.
- O cuarto vídeo é unha divertida canción dos ósos do noso corpo.
2º Lemos dúas veces a páxina 50 do noso libro.
3º Escribimos no caderno "ASÍ FUNCIONA O NOSO CORPO".
4º Facemos o debuxo do neno que está á dereita da páxina "O Aparato Locomotor". Na parte esquerda do debuxo temos os ósos máis importantes do corpo, e na parte dereita algúns dos nosos músculos.
Antes de facer o debuxo, fixámonos ben nos ósos e músculos. Podemos xogar cun familiar a atopar os ósos e músculos. Por exemplo, un di FÉMUR e a outra persoa debe tocar o seu fémur ou o do familiar.
Agora xa podemos facer o noso debuxo!!!!
ASÍ FUNCIONA O NOSO CORPO
1º
2º
3º
4º
5º
6º
CUARTO
SAÚDE E HIXIENE DA FUNCIÓN DE NUTRICIÓN
1º Visualizamos os vídeos da función de nutrición.
2º Lemos dúas veces as páxinas 56 e 57.
3º Nun folio, facemos un mural con CONSELLOS para manter a Saúde e Hixiene de cada un dos Aparatos que interveñen na Función de Nutrición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario