lunes, 4 de mayo de 2020

LINGUA 3º - 4º OS NUMERAIS 4/05/2020

Ola rapaces: que tal estades? Espero que todos ben.😘 
Hoxe empezamos unha nova semana e imos seguir traballando lingua galega. Imos repasar os numerias. Os numerais son sinxelos, só temos que lembrar o que xa vimos en matemáticas.

TERCEIRO - CUARTO

PRIMEIRO VISUALIZAMOS O VÍDEO.
DESPOIS, LEMOS DETIDAMENTE O QUE TEMOS ESCRITO EN COR ROSA. 
A CONTINUACIÓN, POÑEMOS A DATA NO CADERNO.
COMEZAMOS A FACER OS EXERCICIOS.



Os numerais expresan número. 
Poden ser: 
Cardinais, que indican unha cantidade: dúas páxinas, catro días. 
Ordinais, que indican a orde na que aparece un elemento: primeira hora, quinta planta.


1. Imos pensar en numerias e escribilos, hai que engadir polo menos catro. Comezo eu:

terceiro, cinco, ... 

2. Lemos o texto, fixándonos nas palabras subliñadas.

    O corvo buscaba compañeira, pero recibiu ata tres cabazas. Falou, en primeiro lugar, coa tartaruga; fixo un segundo intento coa serpe; a terceira ocasión perdeuna coa curuxa… Ata que, por fin, atopou a Lúa. Gustáronse o un ao outro e para sempre viviron como dous namorados.

3. Clasificamos os numerais do texto de arriba en cardinais e ordinais. Engadimos dous máis a cada grupo.

CARDINAIS:
ORDINAIS:

4.  Completamos estas oracións cun numeral adecuado: 

– Estudo … curso de Primaria. 
– A Terra tarda ... días en dar a volta ao Sol. 
– Entre as mans e os pés, en total son ... dedos e dedas.
– Non te desanimes, que á … vai a vencida. 
– Só faltan ... meses para as vacacións de verán! 

 FIXÁMONOS partir de vinte, os cardinais están formados por dúas palabras unidas por e; daquela, escríbense separados: vinte e un (21) , trinta e catro (34)…

Copiamos no caderno os seguintes ordinais.
20º. Vixésimo
30º. Trixésimo
40º. Cuadraxésimo
50º. Quincuaxésimo
60º. Sesaxésimo
70º. Septuaxésimo
80º. Octoxésimo
90º. Nonaxésimo

5. Escribimos os numerais que corresponden ás seguintes cifras: 
10.º                 24 
52                   5.º 
16                   34

6. Completamos e clasificamos en cardinais e ordinais:
un – primeiro 
seis – ______
______ – oitavo 
nove – ______
tres – ______
 ______ – décimo sexto

7. Escribimos todo con letra e resolvemos:
a) O meu piso está 6 plantas por encima do 1.º; é dicir, vivo no _____
b) O corvo falou coa Lúa ás 12 da noite. Coa curuxa, falara 4 horas antes. Daquela, o corvo e a curuxa estiveron de cháchara ás_____ da tarde. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario